Quen son?

0.
Nome completo Meġanaṭ 0 Aġrokak Peñad Koñaṭ 0.
Sexo Masculino
Especie Teremedosiano, 0
Rangos

Capitán da 07 (2015-actualidade)
Comandante (2010-2015)
Tenente comandante (2010)
Comandante (2008-2010)
Tenente comandante (2007-2008)
Alférez (2007)

Data de nacemento Sábado, 0 de xaneiro do 1995 do 0
Lugar de nacemento Bàrcinon, Ketalània, Teremedó
Residencia FEF 07, Espazo exterior
Familia directa Pai: Yusepy Maray Aġrokak Ramerda Ṭokṭz
Nai: Maray Vicenṭy Peñad Perec Kañyz
İrmáns: Yusepy Maray Aġrokak Peñad Koñaṭ
Cónxuxe: Comandante Carla (FEF) (falecida)
Fillos: Franny Aġrokak Delarroja —
Universo espello Morto

Historia
0 0 naceu o 0 de xaneiro do 1995 en Bàrcinon, Teremedó. Viviu separado do seu irmán, e os seus pais non saben que existe. No entanto, axudaba o seu irmán cando estaba en Tékoda, xa que el si sabía que existe. Máis tarde, coa chegada da nave de Talos no 2006, 0 axuda Josep Maria 11 e a súa nova noiva İhi Kadse.

No 2007, 0 únese á Flota Estelar da Federación. Aínda que ao principio Josep Maria converteu 0 e İhi en alférez, cando Josep Maria recupera a Flota Estelar da Federación no 2007, el rapidamente é ascendido a piloto (actual tenente comandante), e İhi a comandante. Un pouco máis adiante, no 2008, Talos entra na FEF e o almirante Edward ascende Josep Maria 12 a almirante. Entón, cando Josep Maria 12 inaugurou a nave FEF 07, ascende İhi a capitá e 0 como comandante da nave FEF 07, xa que Josep Maria 12 era almirante da Terra na FEF.

Cando Josep Maria 13 coñece Carla e ela empeza a involucrarse coa FEF, 0 quedou namorado dela cando a viu por primeira vez. Cando se creou unha copia dela, 0 conseguiu volverse noivo dela, e foron noivos durante un tempo. En maio do 2010, 0 finalmente casa coa copia de Carla, e en xaneiro do 2011 eles teñen un fillo, a quen lle pon de nome Franny.

0 é bastante gracioso chegando a facer bastantes bromas inadecuadas. Nunha ocasión fixo unha broma inadecuada e, coa petición de İhi, o almirante Josep Maria 14 degradou 0 a tenente comandante, e a súa posición foi substituída por Deirdar, un goboliano. Este morre por un ataque dos sulibans e 0 volve ser ascendido por Josep Maria 15 a comandante.

No ano 2012, co problema de Erika, 0 foi á casa de Erika na Terra para ver o que había, e quedou baixo o control de Erika sendo un “Sequoia” ata o ano 2014, que foi rescatado grazas á Creación Áurea. Máis tarde, cando se inaugurou a nave FEF 09 no 2015, 0 pasou a ser capitán da nave FEF 07 xunto con Carla como comandante e o resto da tripulación trasladouse á nova 09. 0, ademais de Carla (e de Franny), ten tamén na 07 dúas persoas novas como membros da tripulación que serven baixo as súas ordes: Ruttito e Maray, xa que hai pouco tempo eles volveran á FEF.

No 2016, cando İhi acabou a súa relación con Josep Maria 20 como noivos e perdeu a memoria sobre a FEF e todos eles, quedando na Terra como unha rapariga normal, agora 0 axudará o seu irmán a refacer a súa vida. Foi 0 quen descubriu que Alexandra é unha serea, e tamén axudará Josep Maria 21 a buscar Lauryn McClain. Pero 0 espera que a Creación Áurea ou a Rexenta Andrea non destrúan a FEF nin afundan a vida do seu irmán. En setembro do 2018, Carla é asasinada pola rexenta Andrea durante a misión de rescate, e Franny queda moi afectado pola morte da súa nai e non se recuperará ata que esquecerá os seus pais un ano despois. Andrea deste mundo lembra todo ata que os oficiais da 07 fan a misión definitiva para derrotar a rexenta Andrea: na primavera do ano 2019, Andrea do universo espello é derrotada e morre (porque 0 a mata a sangue frío), e Andrea do universo normal substitúea sen lembrar nada e vivindo a vida que facía o seu dobre.

No verán do ano 2019, 23 está a facer unha viaxe cos seus pais, mentres 0 decide levar a Sandra a bordo da nave 07 para facerlle unha sorpresa como agasallo de aniversario. Pero Andrea sabía que isto pasaría, xa que Alxy Frankz do futuro llo dixera. Andrea morrera, pero preparara unha trampa, unha última acción que a rexenta Andrea fixo antes de ser derrotada… A nave 07, mentres leva Sandra a bordo, perde o control e a altura e estrélase na Terra, causando un foxo nunha parte da península İbérica. Josep Maria 23 fai un regreso ao pasado para desfacer todo o desastre na Terra, pero non pode salvar o seu irmán 0 e Sandra López. Pero Panda cambia a historia e evita estes acontecementos, polo tanto a 07 non se destrúe e nin 0 nin Sandra morren. Panda informa os oficiais da 07 que el cambiou a liña temporal, polo tanto sucederán cousas diferentes.

Nesta liña temporal, 0 e o seu fillo Franny están tristes pola morte de Carla, pero teñen que refacer a súa vida. En setembro do 2020, prodúcese unha alteración na liña temporal cando o antigo noivo de Carla, Fran, viaxa desde o 2009 ata o presente e cambia a historia: nesta nova realidade 25 está a saír con Carla e esperan un fillo, entre outras cousas. Fran volve ao seu tempo e restaura a historia, pero Carla desta realidade tamén viaxa ao pasado… 25 prefire non dicir nada a 0 sobre esta liña temporal alternativa nin que alí saía con Carla. Máis tarde, 25 atopa esta Carla na liña temporal normal, onde ela ten 37 anos e é a parella da versión máis vella de Alxy Frankz. 0 queda triste ao saber que unha versión alternativa da súa muller é un dos seus inimigos, ademais de descubrir o que o seu irmán lle estivera a esconder. Tamén descobren que Alxy Frankz e Carla alternativa estiveron a evitar que Josep Maria tivese novas relacións con mozas despois de cortar con İhi, e que eles fixeron que a serea Alexandra viñese ao mundo real e cambiase tanto a vida dos membros da igrexa evanxélica.

En maio do 2022, Panda vén á 07 para facer a misión final contra Alxy Frankz, xa que eles queren destruír Teremedó: mentres Carla tenta seducir 26 para distraelos, Alxy Frankz prepara a arma. No entanto, Panda consegue paralo e matalo cortándoo coa TARDİS. Ao ver a morte de Alxy Frankz, Carla destrúe a TARDİS e mata Panda cunha arma especial que lle impide rexenerarse, polo tanto morrerá para sempre. Cando Carla disponse a matar 26, 0 mátaa sen saber que o fáser estaba programado para matar. 0 queda triste porque matou unha versión alternativa da súa propia muller, e polo tanto 26 tentará axudar o seu irmán a ser feliz… 26 fala con Carla da Terra e explícalle todo sobre eles, e consegue que ela se namore de 0 e que casen. 0 volve ter parella e Franny volve ter nai. Pero todo isto é unha simulación nunha holocuberta de Pulá, en Bàrcinon, e en realidade a nave FEF 07 con 0 e Franny están nesta holocuberta crendo que viven unha nova vida con Carla da Terra. 27 non pode entrar, xa que si entrase, 0 descubriría o engano. Polo tanto, 27 non pode volver ver nin o seu irmán nin o seu sobriño. A finais do ano 2022, a 07 é absorbida por un vórtice que leva ao limbo, e os oficiais de Pulá non saben si 0 e Franny están vivos ou mortos. Cando 27 recibe a oportunidade de ir ao limbo e salvalos, di que eles forman parte do seu pasado e prefire ir buscar Alara ao século 25, polo tanto non volverá ver nin o seu irmán nin o seu sobriño nunca máis. Ou sexa, 27 tentará esquecelos e pensar só en Alara.

Liña temporal sen alterar
Nun futuro da liña temporal sen alterar, o fillo de 0 e Carla, Franny, casa con Винкс-Melins (unha moza do limbo que se perdeu e finalmente foi recuperada) e ten dous fillos. Deixa a FEF en 2050 con 55 anos para estar máis coa súa familia, pero axuda algunhas veces o seu irmán.

Universo espello
0 no universo espello é un rebelde teremedosiano que quería matar todos os terranos (humanos). Era parella de Carla do universo espello. 0 e Carla morren no 2009 estrelándose nunha lanzadeira.

M2 Български Català English Español Français Galego Hrvatski İtaliano Português Română Русский Српски / Srpski